Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda
2008 - 2009 - 2010 - 2011 - 2012 - 2013 - 2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018 - 2019 - 2020 - 2021 - 2022

Noticias

[31/10/2016]
CURSO DE INSEMINACIÓN

25 e 26 de Novembro de 2016

Os días 25 e 26 de Novembro terá lugar un curso de inseminación en gando vacún de leite en S.A.T. A Vereda, Pacios, Castro de Rei, Lugo.

Este curso está organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia e será impartido por Mónica Barrio e Ismael Fernández (XÉNESE ETE).

O curso constará de dúas xornadas teórico – prácticas nas que se darán a coñecer as nocións básicas da inseminación artificial e se farán prácticas en gando real.

O número de prazas está limitado a 15 participantes, posto que se pretende dar unha atención individualizada aos alumnos e proporcionar ademáis animais suficientes para as prácticas (máis de 1 animal por persoa).

O prezo da actividade é de 200 € para os socios e de 300 € para os non socios. Este prezo inclúe 1 catéter maxi, 1 catéter mini, unha caixa de guantes e unha caixa de vainas de regalo para cada un dos participantes. Tamén inclúe almorzos e xantar dos dous días. A cota de inscripción non inclúe o aloxamento.

Os interesados deberán inscribirse antes do 10 de novembro de 2016 mediante o BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN, que terán que remitir xunto ao xustificante de ter feito a correspondente transferencia bancaria por correo postal ou enderezo electrónico: clubexovenes@fefriga.com

>> CARTEL CURSO I.A. 2016

« Volver

Fefriga Clube Xóvenes Gandeiros de Galicia
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775
www.xovenesgandeiros.com
clubexovenes@fefriga.com
Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda Contacto Privacidade Clausulado Cookies