Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda
2008 - 2009 - 2010 - 2011 - 2012 - 2013 - 2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018 - 2019 - 2020 - 2021 - 2022

Noticias

[27/06/2014]
VI Curso-Escola de Xóvenes Gandeiros

Durante os días 28 de Xullo ó 1 de Agosto e no Recinto Feiral do Mesón do Vento – Ordes, en colaboración con Ganadería As Travesas Agropecuaria, a Deputación da Coruña, o Concello de Ordes e Fefriga; celebramos a 6ª edición do Curso-Escola de Preparadores de Gando. Nel participaron 13 rapaces de entre 5 e 30 anos.

O luns comezou coas clases teóricas a cerca da Morfoloxía da Vaca, aquí os alumnos tomaron nota de tódalas rexións que conforman a vaca e resto de conceptos que servirían de base para o resto da semana; e esperemos que para moito máis tempo.
A partir de aqui os traballos na nave foron continuos, a preparación das camas para recibir ás xovencas, o lavado como primeira toma de contacto, e como continuación un manexo e alimentación adecuada, a partir de aqui a confianza entre alumno e xovenca xurde sen grandes esforzos. Traballo en equipo é unha das asignaturas máis importantes nestas xornadas. Formaron 3 grupos de catro xóvenes, a excepción de un grupo de 5, no que Antía, a máis pequena, tamén arrimou o hombreiro. A coordinación que conseguiron entre os compoñentes de cada equipo, -e a pesar da diferencia de idade-, foi realmente doada. Distribúense as labores e eso ten como resultado un conxunto que aprende e traballa o mesmo tempo que se divirte. Tanto Iván Cid como Anxo Dono, monitores do Curso, quedaron verdadeiramente satisfeitos dos resultados.

O grupo de participantes foron:
Antía Bello - 5 anos de Ganadería Bello, SC (Trazo – A Coruña)
Tania Villasenín – 11 anos de Ganadería Bello, SC (Trazo – A Coruña)
Brais Oro – 11 anos de Gandería Trastoy (Agolada – Pontevedra)
Abel Carballo – 13 anos de Gandería Adonis (Xermade – Lugo)
Nicolás Andrade – 14 anos de Frades – A Coruña
Jesús Manuel Sánchez – 14 anos de Mesía – A Coruña
Cristina Carro – 15 anos de Casa Nova SAT (Mesía – A Coruña)
Avelino Souto – 15 anos de Gandería Midón (Lalín – Pontevedra)
José Casás – 15 anos de Ganadería Casás (Carballo – A Coruña)
María Manteiga – 18 anos de Gandería Manteiga, SC (Vila de Cruces – Pontevedra)
Ismael García – 18 anos de Gandería Pistulario (Santa Comba – A Coruña)
Marcos Rivas – 23 anos de Gandería Liñares (Abadín – Lugo)
Óscar Castro – 30 anos de SAT A Vereda (Castro de Rei – Lugo)

Dende o equipo de organización deste evento, queremos compartir o éxito destas xornadas e expresar o noso agradecemento principalmente a As Travesas Agropecuaria, ao seu propietario D. Secundino Fernández García Lavín, a José, e resto de traballadores da granxa, porque sen a súa colaboración esto non sería posible. Tamén agradecer ao Concello de Ordes por facilitarnos as instalacións e alimentación do gando. E por suposto, non poderíamos presumir deste éxito sen o apoio, ano tras ano, da Deputación da Coruña e da Federación Frisona Galega.

Agardamos que todos os que dun xeito u outro participaron neste evento teñan algo novo aprendido e saiban que o Clube está e estará moi agradecido de compartir ésta e outras actividades con todos os que así o desexen.

Galería VI Curso-Escola de Xóvenes Gandeiros 2014


« Volver

Fefriga Clube Xóvenes Gandeiros de Galicia
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775
www.xovenesgandeiros.com
clubexovenes@fefriga.com
Presentación Estatutos Asociarse Notas informativas Tenda Contacto Privacidade Clausulado Cookies